publicidade hoxe

Deputación de Lugo e Concello de Rábade organizan o XXIII Rabafolc coa previsión de 2.000 asistentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocal PortadaLugoRábade
A-
A+
Presentación de Rabafolc

Presentación de Rabafolc

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, xunto aos Concelleiros, Alejandro Martínez Campos e Mª José De Arriba Redondo, presentaron este mércores a XXIII Edición do Rabafolc, que se celebrará este venres, 11 de agosto, a partir das 22:00 horas, na praza de Rábade. O Goberno Provincial é, xunto ao Concello, o principal patrocinadora deste cita, pois colaboran cada un con 8.000 euros, respectivamente. Os grupos que actuarán son: Os Cempés, Pepe Vaamonde, Anxo Lorenzo e o grupo irlandés Dubhlinn.

García Porto destacou a importancia deste tipo de actividades “porque, ademais de fomentar o noso patrimonio cultural, promovendo nesta caso a música folk, un xénero moi vencellando a nosa terra, tamén contribúe a impulsar a economía local e da provincia, posto que agardamos a visita de 2.000 persoas”.

A Deputada avanzou que o Goberno da Deputación colabora con máis de 70 citas desta índole nos municipios, achegando máis de 330.000 euros. Faino seguindo as liñas do Plan Estratéxico de Turismo na provincia e sendo a principal patrocinadora destes eventos, “que son unha oportunidade excepcional para promover o turismo nas nosas vila, así como un auténtico revulsivo económico”, explicou.

O Alcalde agradeceu o traballo levado a cabo dende as dúas administracións implicadas no Rabafolc: Concello e Rábade e Deputación. E subliñou que “esta nova convocatoria, que chega a súa XXIII Edición, xa se converteu nun cita de referencia no que a música folk se refire na provincia. Ademais este ano contamos cun grupo irlandés, polo tanto, presentamos un programa completo, que xa traspasa as nosas fronteiras”. Tamén avanzou que o grupo Os Cempés realizará un obradoiro de baile gratuíto, a partir das 17:00 horas no Centro Social, para todos os asistentes.

Orixes do Festival

O Festival de Música Folk de Rábade comezou no ano 1979, na mesma data da fundación da Asociación Cultural Chaira, a cal concibiu este festival. Tras a súa desaparición, o Concello de Rábade asumiu esta iniciativa que, coa deste ano, leva 23 edicións. Durante este tempo, pasaron por Rábade artistas da talla de Kepa Junkera, Berroguetho, Xorima, Pablo Quintana,Treixadura, A Quenlla, Cuchufellos, ou Milladoiro e outros moitos que forman parte da historia da música folk e da musica galega.

9 de agosto de 2017 | 14:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.