publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

“De Pontevedra a Río 2016″ chega Á Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaPontevedra
A-
A+

A deputada de Deportes, Chelo Besada, acompañada da deputada de emprego, Montse Magallanes, e do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, inaugurará este mércores 30 de agosto ás 20:30 horas a exposición fotográfica “De Pontevedra a Río 2016″, organizada pola Deputación de Pontevedra, nun acto que terá lugar no Centro Cultural da Guarda. Esta iniciativa, réndelle homenaxe ás e aos deportistas olímpicos e olímpicas, por unha banda, e paralímpicos e paralímpicas, pola outra, da provincia de Pontevedra que participaron nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos en Río de Xaneiro.

A mostra estará aberta ata o sábado 9 de setembro e poderase visitar no Centro Cultural da Guarda de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e os sábados de 10 a 13 horas.

A exposición, que comezou no Pazo provincial o pasado mes de outubro, xa recalou en diversas localidades da provincia como Tui, Cambados, Nigrán, Sanxenxo, Lalín, As Neves, Silleda, A Estrada, Marín, Ponteareas, O Rosal, Cangas, Gondomar, Meaño, Oia, Mondariz, Poio ou Valga, e ao longo deste ano ten previsto estar á disposición do público en varias localidades da provincia.

“De Pontevedra a Río 2016″ recolle o palmarés dos e das 16 deportistas que participaron nos Xogos nuns paneis individuais nos que se poden comprobar as súas traxectorias deportivas. Os 16 de “Río 2016″ son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabéu Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Martín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

29 de agosto de 2017 | 14:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.