publicidade hoxe

Cores Tourís fai entrega de dous vehículos contra incendios forestais aos concellos de Portas e Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOiaPontevedraPortas
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega esta mañá de dous vehículos contra incendios forestais, aos concellos de Portas e Oia, no Parque de Maquinaria da Administración autonómica na cidade do Lérez.

Os camións foron recollidos polo alcalde de Portas, Víctor Estévez, e a alcaldesa do concello de Oia, Cristina Correa, sendo acompañados no acto polo xefe do Servizo Contra Incendios, Manuel Francisco.

Os vehículo entregado hoxe a estes concellos conta cunha capacidade 4.000 e 3.500 litros respectivamente, 400 metros de mangueiras, tres lanzas, extintores, mangotes de carga para os puntos de auga, material de mantemento, espumóxenos e equipos de comunicación co novo sistema dixital Tetra.

A administración autonómica, segundo destacou o delegado territorial, continúa a colaborar coa achega deste material, cos concellos de cara a que facilitar a súa colaboración nas tarefas de prevención e loita contra os incendios forestais.

“Con estes dous camións, destinados ao concello de Oia no distrito XVIII, e ao Concello de Portas, no distrito XIX, seguimos a achegar vehículos de loita contra o lume aos distintos concellos da demarcación territorial da Delegación de Pontevedra”, explicou Cores Tourís, quen matizou que recentemente tamén se fixo entrega de camións similares aos concellos de A Lama, no distrito forestal XIX, así como a Dozón e Silleda, do distrito XVI.

“A aportación deste tipo de vehículos realízase en base ás solicitudes de cesión de réxime de propiedade dos concellos, que poden destinalos a fins de utilidade pública ou de interese social”, matizou o delegado territorial, “aínda que de xeito prioritario, o seu uso está destinado á realización da vixilancia e de todo tipo de actuacións relacionadas coa prevención e a loita contra os incendios forestais”.

E por outra banda, tendo en conta que o pasado 21 de xuño do 2017, a Consellería de Medio Rural determinou por Orde a época de perigo alto e que condiciona a intensidade de medidas que se adoptan para o defensa do territorio de Galicia, e nesta época onde o despregamento de medios de extinción debe ser máximo, complementándose así o dispositivo de Pladiga 2017.

9 de agosto de 2017 | 14:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.