publicidade hoxe

Cambre licita as obras de pavimentación en sete camiños rurais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCambre
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a licitación dun proxecto financiado polo Plan Único en Cambre, que consiste na pavimentación e reforma de sete camiños ubicados en zonas rurais do municipio.

A Deputación destina un total de 221.951 euros a estes traballos, cos que se pretende mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria dos núcleos de poboación. En concreto, as renovacións de firmes levaranse a cabo en Os Curras (Santa María de Vigo), Lendoiro (Cambre), Bribes – Peiraio, Brille (Andeiro), Acaroada (Cambre – Cela), Bandeboo (Brexo) e Cecebre. O conxunto destes viais suma unha lonxitude de preto de 5 quilómetros e máis de 19.680 metros cadrados de superficie.

As obras consistirán na nivelación dos terreos, a extensión e compactación de zahorras nos camiños que actualmente non están pavimentados, ou no lavado e fresado dos firmes en mal estado. Posteriormente, estenderase o novo aglomerado e levaranse a cabo traballos complementarios coma o recrecido de pozos, sumidoiros, arquetas, potes e bocas.

Os fondos provinciais tamén financiarán a apertura e a limpeza dos camiños e as cunetas.

2 de agosto de 2017 | 14:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.