publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destina 87.500 euros a dous proxectos de innovación no rural na comarca de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo LameiroLocal Portada
A-
A+

O director do Igape, Juan Cividanes, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañados do alcalde de Campo Lameiro, Julio Sayáns, coñeceron o proxecto que vai por en marcha unha empresa desta localidade beneficiada polas axudas do programa Galicia Rural Emprende da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que teñen como obxectivo potenciar a creación de emprego no ámbito rural.

En concreto, beneficiaranse desta axuda, un matrimonio de Campo Lameiro que comezou a súa andadura no rural cunha actividade de tapicería que foi crecendo ata que se trasladou ao polígono deste municipio. Agora, poñerán en marcha unha nova actividade dedicada á fabricación de cortinas e estores que permitirá a creación de dous novos postos de traballo grazas ás axudas de Galicia Rural Emprende do Igape, que lle acaba de conceder un apoio de 62.500 euros.

Na comarca de Pontevedra tamén recibirá unha subvención dentro deste programa outra firma de Ponte Caldelas, dedicada a servizos audiovisuais e obterá unha axuda de 25.000 euros. Na provincia de Pontevedra aprobáronse un total de 11 proxectos, cun investimento global de 576.500 euros. A Xunta destina un total de 2,5 millóns de euros para promover o emprendemento no rural, apoiando a diversificación produtiva mediante actividades non agrícolas en 44 proxectos de toda Galicia.

O programa Galicia Rural Emprende súmase ao amplo catálogo de servizos, ferramentas e instrumentos de apoio habilitados pola Xunta no marco da Lei do Emprendemento e que inclúe o Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras, o programa Galicia Emprende, a Rede Galega de Investidores particulares ou a Rede Galega de Mentores. Do mesmo xeito, a iniciativa enmárcase no Programa de formación e emprendemento no rural activado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria co obxectivo de fixar poboación nas zonas menos poboadas de Galicia e aumentar as oportunidades laborais dos seus habitantes.

31 de agosto de 2017 | 14:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.