publicidade hoxe

A veciñanza de Conforto, na Pontenova, verá mellorada a súa rede de camiños rurais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PontenovaLocal Portada
A-
A+

A veciñanza da parroquia de Conforto, no municipio lugués da Pontenova, verá mellorada a súa rede de camiños rurais grazas ao apoio da subvención de infraestruturas de uso público que impulsa a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que a administración autonómica achegará o 80% do custe total da obra, que superará os 39.400 euros e que permitirá corrixir a actual situación de deterioro que, co paso do tempo e as inclemencias climatolóxicas, presenta esta infraestrutura.

A obra desenvolverase en dous camiños desta parroquia, un deles arranca na estrada autonómica LU 704, ten 250 metros lineais; e o outro de 100 metros, sae cara á dereita desde o anterior con un ancho de 5,5 metros. Polo tanto, actuarase sobre un total de 1.925 metros cadrados.

Balseiro aclarou que as obras previstas son a pavimentación de soleira de formigón de 12 centímetros de espesor, limpeza e novo perfilado de cunetas e o reforzo dalgunha delas en formigón.

O resultado dos traballos contribuirá a unha maior facilidade de acceso aos núcleos para todo tipo de vehículos, así como o acceso ás explotacións agrícolas e gandeiras da zona, así a mellorar os servizos que se prestan aos veciños do rural, contribuíndo tamén á fixación de poboación nun espazo envellecido.

Balseiro lembrou tamén que os camiños obxecto de mellora forman parte da rede viaria que ofrece acceso ao Santuario de Santa María de Conforto, sito na mesma parroquia e lugar de peregrinación constante, polo que con esta obra se está contribuíndo tamén á poñer en valor este espazo turístico e o patrimonio que alberga.

2 de agosto de 2017 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.