A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Axentes da Xefatura Territorial da Policía Autonómica de Santiago de Compostela procederon á imputación dun varón como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 2 de agosto na parroquia de Marrozos, no Concello de Santiago de Compostela.

O lume orixinouse cando o investigado se atopaba realizando labores de roza nun tractor equipado con cadeas. A superficie ardida ascendeu a 0,6 hectáreas

Para a extinción foi necesaria a intervención de persoal do Distrito Forestal III-Santiago-Meseta Interior. Dos feitos deuse conta ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Santiago de Compostela.

Na actual campaña antiincendios forestais do 2017, un total de 73 persoas foron detidas/ investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

7 de agosto de 2017 | 14:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.