A Deputación da Coruña apoia con 400.000 euros as actividades de entidades que xestionan museos e fundacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Case trinta entidades sen fins de lucro titulares de museos ou centros de interpretacións e fundacións reciben un total de 428.546,68 € para o desenvolvemento de actividades culturais a través da área de Cultura da Deputación da Coruña.

Por medio dunha liña de concorrencia competitiva, cunha distribución con criterios obxectivos, a área de Cultura da Deputación da Coruña achega, na súa concesión provisional, 428.546,68€ ás entidades sen fins de lucro que xestionan museos ou centros de interpretación e fundacións. A cantidade pódese ver incrementada na concesión definitiva se as entidades condicionadas emendan as solicitudes.

A cantidade concedida increméntase substancialmente con respecto ao pasado ano nesta segunda convocatoria dunha liña de axudas que na pasada edición apoiou a programación e vinte e catro museos e fundacións.

“Como as outras liñas de apoio buscan unha distribución en función de criterios obxectivos, o que supuxo un sólido cambio na xestión da área de Cultura. Por outra parte, como nas outras liñas de subvencións, búscase afortalar o apoio a entidades que están a desenvolver un importante labor cultural, camiñando tamén a súa profesionalización”, sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.

Catalogación e dixitalización de fondos, exposicións, obradoiros, encontros ou concursos son algunhas das actividades que a área de Cultura da Deputación da Coruña apoia a través desta liña de axuda que, segundo Goretti Sanmartín, “quere consolidar o traballo das entidades e garantir a súa estabilidade cun apoio que é necesario para as súas programacións culturais”.

Concesión provisional por entidades:

Asociación Patronato Museo Etnográfico da Capela 14.179,20€
Centro Estudios Melidenses-Museo Terra Melide 23.296,39€
Fundación Araguaney Ponte De Culturas 2.125,00€
Fundación Bautista Alvarez De Estudos Nacionalistas 8.400,00€
Fundación Benéfico Docente Fernando Blanco 3.200,00€
Fundación Biblioteca De La Casa Consulado 8.717,12€
Fundación Centro Internacional De La Estampa Contemporánea 27.000,00€
Fundación Cidade Da Cultura De Galicia 19.182,30€
Fundación Compostela Arquitectura 8.400,00€
Fundación Dardo Instituto Do Deseño E Das Artes Contemporáneas (DIDAC) 10.000,00€
Fundación Eduardo Pondal 25.000,00€
Fundación Eugenio Granell 28.500,00€
Fundación Galiza Sempre 8.880,00€
Fundación Gonzalo Torrente Ballester 14.400,00€
Fundación Juana De Vega 20.400,00€
Fundación Luís Seoane 20.000,00€
Fundación Luís Tilve 27.000,00€
Fundación Museo Artes Gravado Estampa Dixital 19.318,70€
Fundación Paideia Galiza 11.735,00€
Fundación Para O Estudio E Divulg.Cuestion Soc.E Sind.Galicia 17.784,40€
Fundación Ricardo Pereza Y Verdes 10.000,00€
Fundación Rosalia De Castro 20.000,00€
Fundación Sargadelos 15.000,00€
Fundación Wenceslao Fernández Florez 10.000,00€
Fundación 10 De Marzo 7.178,57€
Padroado De La Casa De Troia 5.950,00€
Padroado Do Museo Do Pobo Galego 28.500,00€
Real Academia De Belas Artes Nuestra Señora Del Rosario 14.400,00€

TOTAL: 428.546,68 €

14 de agosto de 2017 | 14:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.