publicidade hoxe

A Consellería de Educación formaliza o contrato da obra de eficiencia enerxética do CEIP de Outes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOutes
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170810/AnuncioG0164-260717-0005_gl.html ) a formalización do contrato da obra de rehabilitación integral (enerxética e funcional) do CEIP de Outes, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 4, obxectivo específico 04.03.01 (expediente ED 3/17-O). O orzamento de adxudicación ascende a 467.035,8 €, e a obra será realizada pola empresa COVISAM NORTE, S.L. Esta obra enmárcase no Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2020, ao abeiro do cal se realizaron no ano 2016 obras para a mellora da eficiencia enerxética en 10 centros educativos e se van realizar este ano outras 8, por importe de 3,2 millóns de euros.

O obxectivo da actuación, que xa está en marcha, é corrixir os problemas de infiltración de auga e aire, o alto coeficiente global de transmisión de calor. Así mesmo, estanse a dar problemas de eficiencia enerxética no sistema de iluminación das aulas.

A obra estrutúrase en dúas partes. Por unha banda, no relativo ao exterior illarase a fachada mediante sistema de envolvente continua, substituiranse as fiestras por novas ventás de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e mudarase o material de cubrición por panel de dobre chapa de aceiro con illamento intermedio. Ademais instalaranse luminarias de alta eficiencia enerxética. Todas estas medidas combinadas supoñen un aforro enerxético en enerxía primaria non renovable do 22,23%.

Na segunda parte dos traballos realizarase a reparación e pintado de paramentos interiores e colocaranse elementos de identidade corporativa. O previsto é que as obras rematen antes do inicio do curso escolar.

10 de agosto de 2017 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.