Marisol Díaz Mouteira analiza coa nova presidenta dos empresarios de Valdeorras as necesidades da comarca
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo hoxe o seu primeiro encontro institucional coa nova presidenta da Asociación de empresarios de Valdeorras (AEVA), Araceli Fernández del Palacio, desde que foi elixida, a finais do pasado mes de maio, presidenta desta organización empresarial. Á xuntanza tamén asistiron unha das súas vicepresidentas, Mª del Carmen Rodríguez González, e a xerente, Luisa López Cruz.
No encontro, a máxima representante do Executivo galego na provincia ourensá escoitou as demandas dos empresarios asentados nesta comarca e xuntos analizaron liñas de cooperación para favorecer a actividade empresarial.











