Apertura ao tráfico dos ramais do Corredor do Morrazo, situados en Domaio, sentido Cangas, e o de Meira, dirección Rande
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), abriu hoxe ao tráfico os novos ramais do Corredor do Morrazo, situados en Domaio, no punto quilométrico 3+250, sentido Cangas, que estaba pechado desde o pasado 29 de maio, e o de Meira, no Pq. 7+250 sentido Rande, pechado desde o 12 de xuño. Para a súa execución fora preciso cortar ao tráfico os vellos ramais.
A ampliación da sección para a transformación do corredor en autovía require retranquear os dous ramais existentes. Para elo, demoléronse os muros de contención dos ramais anteriormente existentes, o que fixo necesario cortar estes ao tráfico, executouse o desmonte necesario para ampliar a sección, construíronse os novos muros de contención dos ramais, e pavimentáronse os novos viais, que xa están abertos ao tráfico.
A autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2, e o tramo 3 ven de ser adxudicado e as obras comezarán este mesmo verán, momento en que a totalidade da Autovía do Morrazo estará en execución, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.