publicidade hoxe

A Xunta promove a conservación e coidado dos ríos a través dun campo de traballo en Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocal Portada
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou esta mañá o campo de traballo de Curtis, no que 18 mozos e mozas desenvolven dende a pasado luns tarefas de estudo e análise dos canles fluviais, así como da fauna e a flora da contorna deste municipio coruñés. “Trátase – segundo explicaba ao remate da visita – de promover entre a nosa mocidade que a conservación e coidado do noso patrimonio natural e do noso medio ambiente é fundamental ademais de constituír una ferramenta de educación non formal excepcional”.

Cecilia Vázquez lembraba que o de Curtis é un dos once campos de traballo que a Consellería de Política Social vai levar a cabo ao longo da época estival no marco da campaña de verán 2017 e que atraerá á provincia coruñesa a preto de 230 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de diferentes nacionalidades. Nesta liña, a directora xeral de Xuventude subliñaba que esta iniciativa engloba experiencias de participación, voluntariado e mobilidade que axudan a dinamizar a vida xuvenil nos concellos galegos onde teñen lugar.

Os campos de traballo forman parte do programa da Xunta de Galicia O teu verán colle nunha mochila, na que poderán tomar parte 9.572 persoas, 526 máis que en 2016. As actividades que conforman esta campaña están dirixidas a mozos e mozas de entre 9 e 30 anos, e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade.
Na programación estival inclúense campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

O departamento autonómico inviste 2,9 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, que permitirán a contratación dunhas 1000 persoas entre monitores e directores de tempo libre.

13 de xullo de 2017 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.