publicidade hoxe

A Xunta colaborará co Concello da Guarda para acometer melloras no pavillón municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportes
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron hoxe o pavillón municipal da Guarda, acompañados polo alcalde do concello, Antonio Lomba, e por representantes do Clube Balonmán Atlético Guardés.

O obxectivo da visita foi coñecer de primeira man o estado desta instalación deportiva, onde se adestran e xogan as campioas de España de balonmán, e comprobar as reformas necesarias para mellorar este pavillón. Para poder acometer estes traballos, a Xunta comprometeuse a asinar un convenio por un importe de 40.000 euros.

31 de xullo de 2017 | 14:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.