publicidade hoxe

A Xunta adxudicou as obras de rehabilitación de tres inmobles do casco vello de Betanzos por 1,1 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda adxudicou a execución de tres obras de rehabilitación, que comezarán a finais deste verán, doutros tantos inmobles, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no casco vello de Betanzos.

As obras de rehabilitación dos inmoble emprazado na rúa Venela de Clérigos 13 foi adxudicado esta semana, mentres que a finais da semana pasada se adxudicaron as correspondentes aos inmobles dos número 9 e 13 da rúa da Cerca. O investimento total será de case 1,1 millóns de euros e obteranse seis vivendas e tres locais comerciais unha vez efectuada a rehabilitación dos inmobles.

Venela de Clérigos 13

Neste inmoble obterase, unha vez rehabilitado, unha vivenda e un local comercial no baixo. A obra foi adxudicada por importe de 175.289,66 euros e un prazo de execución de un ano a contar dende o inicio das obras.

Cerca 9

As obras de rehabilitación do edificio emprazado na rúa Cerca 9 permitirán obter un local comercial na planta baixa e dúas vivendas. A obra adxudicouse por importe de 380.380 euros e un prazo de execución de un ano.

Cerca 13

Polo que respecta ao edificio da rúa Cerca 13, a rehabilitación dará lugar a tres vivendas e un local comercial. A obra adxudicouse por importe de 509.327,79 euros e un prazo de execución de un ano.

O Goberno galego é propietario doutras sete edificacións no casco vello de Betanzos, en cuxos proxectos de rehabilitación se está traballando na actualidade.

11 de xullo de 2017 | 15:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.