publicidade hoxe

A Xunta adxudica por 575.000 euros as obras de reforzo de firme nas estradas LU-621 e LU-633 ao seu paso polos concellos de Láncara, Pedrafita e Triacastela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLáncaraLocal PortadaLugoPedrafita do CebreiroTriacastela
A-
A+

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, vén de adxudicar á empresa Bascuas, por un importe de case 575.000 euros, as obras de reforzo de firme nas estradas LU-621, A Pobra de San Xián-Baralla, e LU-633, Pedrafita-Palas de Rei, concretamente, ao seu paso polos concellos lugueses de de Láncara, Pedrafita e Triacastela.

Na vía LU-633 que une as localidades de Pedrafita e Palas de Rei, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) mellorará o treito comprendido entre os puntos quilométricos 13+500 e 26+400. En concreto os primeiros 4,1 quilómetros corresponden ao termo municipal de Pedrafita e os 8,8 quilómetros adicionais ao municipio de Triacastela.

A actuación ten un prazo de de execución de 6 meses e consistirá na reparación do firme nos puntos nos que presenta deformacións, o que permitirán prolongar a vida útil do pavimento, mediante fresados e reposicións localizadas.

O punto obxecto de mellora é de gran importancia, xa que coincide en parte co itinerario do Camiño de Santiago, punto de paso habitual frecuentado por peregrinos e turistas que se achegan a Galicia.

Por outra parte, na travesía de Láncara (LU-621), entre os puntos quilométricos 9+600 ao 11+300, executarase a rehabilitación do firme, actuando en todo o ancho da sección. Repararanse as deformacións existentes e, a continuación, estenderase unha nova capa de rodadura de mestura bituminosa en quente. Esta actuación suporá unha importante mellora da estrada neste tramo.

Plan de reforzos de firme

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.

17 de xullo de 2017 | 14:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.