publicidade hoxe

A Xunta adxudica cinco vivendas en Cee a familias en situación de vulnerabilidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCeeLocal Portada
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, propuxo a adxudicación de cinco vivendas, emprazadas no Concello coruñés de Cee, a outras tantas familias en situación de vulnerabilidade.

Estes inmobles, que adxudicará a Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, foron cedidas por Abanca (tres vivendas) e Sareb (2 vivendas). Neste ano, o Goberno galego adxudicou directamente outras 34 vivendas cedidas por Sareb ou polo resto de entidades financeiras.

Estas vivendas adxudícanse en réxime de alugueiro social a familias afectadas por desafiuzamentos por impago da hipoteca ou o alugueiro e a outras familias en situación de vulnerabilidade, como é o caso das cinco que a Comisión Provincial de Vivenda propón adxudicar en Cee.

Por outra parte, a Comisión tamén propuxo a adxudicación de dúas vivendas de promoción pública propiedade do departamento que dirixe Ethel Vázquezen Santiago de Compostela e A Coruña.

Inicio de procedementos

Ao mesmo tempo, a Comisión tomou o acordo de iniciar os procedementos de adxudicación de vivendas de promoción pública nos concellos de Santiago de Compostela (10 vivendas), A Coruña (6 vivendas) e Betanzos (1 vivenda).

5 de xullo de 2017 | 14:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.