publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A secretaria de Igualdade destaca a capacidade de emprendemento que teñen as mulleres no medio rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou a capacidade de emprendemento que teñen as mulleres no medio rural, sendo un dos piares esenciais no desenvolvemento sostible do medio rural e dea contribución á súa valorización.

López Abella participou esta mañá na Xornada “Mulleres de SEU”, que tivo lugar na sede de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN). Nas xornadas participan tamén o presidente de CLUN, José Ángel Blanco Purriños; a vicepresidenta de Feiraco, Carmen Rodríguez; e a presidenta da Asociación de Mulleres de Cooperativas Alimentarias, Jerónima Bonafé, entre outras. A finalidade da Xornada é promover e impulsar a participación nos postos de decisión das mulleres socias das cooperativas Os Irmandiños, Melisanto e Feiraco.

A titular de Igualdade explicou que dende a Secretaría Xeral da Igualdade estáse a priorizar nalgunhas áreas de actuación co obxecto de acadar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes do rural galego. Estas áreas son a visibilidade da muller rural, a promoción do emprendemento, a conciliación da vida familiar e laboral, e o fomento do uso das TIC.

Neste eido, subliñou que as asociacións rurais e as accións que levan a cabo son clave para dinamizar a participación das mulleres na toma de decisións do eido rural, así como un pulo a dinamización económica, social e cultural do mesmo. Polo que incidir no fortalecemento e a consolidación do movemento asociativo de mulleres é unha importante canle de promoción da igualdade de oportunidades.

Ademais, fixo especial fincapé na importancia de potenciar a implantación de medidas de conciliación e corresponsabilidade por parte dos concellos rurais, promovendo e apoiando proxectos destinados á creación de servizos que faciliten a conciliación da vida laboral, persoal e familiar nos concellos rurais.

27 de xullo de 2017 | 14:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.