publicidade hoxe

A Deputación inviste nun ano case 800.000 euros na mellora de servizos públicos de Guntín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuntínLugo
A-
A+

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informoueste luns sobre o investimento de 785.200 euros, que o Goberno Provincialachegou á melloras das dotacións públicas, dos servizos sociais e do emprego deGuntín, na procura de mellorar a calidade de vida dos 2.800 veciños destemunicipio. Campos Conde deu conta das actuacións levadas a cabo nunha visita aoConcello xunto a María José Gómez Rodríguez, segunda Tenente de Alcalde.

Campos e Gómez supervisaron asmelloras en accesos municipais que se levaron a cabo con 285.000 euros queachegou o Goberno da Deputación. Por exemplo, o Presidente e a Tenente Alcaldecoñeceron o resultado dos traballos realizados en Sear a Vilarcabreiro e deMosteiro a Outeiro, xa finalizadas.

Foron outros 100.000 eurosos executados en máis mellora de infraestruturas e dotacións públicas, como ados camiños aos núcleos de Lamasalgueira e San Paio; a instalación de 10 novospuntos de luz LED no centro da vila; así como saneamentos e traídas de auga,especialmente no rural.

Campos Conde e GómezRodríguez supervisaron tamén o resultado dos traballos de rehabilitación dolocal social de Santo Estevo da Mota, que consistiron no acondicionamento dasdúas plantas deste edificio que a Asociación de Veciños utiliza de cotío para aorganización de diferentes actividades lúdicas e culturais.

84.000 euros en novos postosde traballo

O Goberno Provincial xerou 5 novos postos de traballo enGuntín a través do DepuEmprego e o Ben Empregado, pois asume con máis de 84.000euros os custos laborais de novos profesionais que traballan en empresas dazona e no propio Consistorio, reforzando os servizos públicos municipais.

Máis de 23.000 euros para benestar

O Executivo Provincial xera neste municipio máisempregos coa achega de máis de 23.000 euros permite a contratación de traballadorespara ofrecer 1.068 horas de atención profesional a 17 maiores, aos que nonatende a Xunta de Galicia por non telos catalogados como dependentes. Por estemotivo, o fai o Goberno da Deputación co seu Servizo a Domicilio a nondependentes e da Teleasistencia gratuíta.

Case 300.000 euros máis

Todas as citadas actuacións foron con cargo ao orzamento2016. Campos Conde destacou que o Goberno da Deputación xa aprobou uninvestimento de 291.159 euros para continuar con este traballo de mellora dosservizos públicos de Guntín. Con este orzamento, está prevista a reparación doterreo de xogo no campo de fútbol, a mellora das redes de saneamento de Guntíne Lebesén ou a mellora de accesos de Moreiras a Rego, de Ourol de Arriba aPista Mougán, e de Gomelle a Liz, entre outras actuacións.

Asímesmo, prestarase atención profesional a un mínimo de 48 maiores; xeraranseoutros 4 empregos; dinamizarse o turismo co pulo á Festa do Pemento de Mougán,ao tempo que se fomentará o deporte base a través das Escolas DeportivasMunicipais, onde se imparten clases de fútbol sala, patinaxe ou aerobic, entremoitas outras actividades.

18 de xullo de 2017 | 14:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.