publicidade hoxe

A Deputación de Lugo financia en Palas de Rei cun millón a mellora do campo de fútbol e de estradas en 11 parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoPalas de Rei
A-
A+

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informoueste luns sobre o investimento de case de 1 millóns de euros, que o Goberno Provincialachegou a este municipio nun ano para dotacións públicas, servizos sociais eemprego, co fin de mellorar a calidade de vida dos 3.500 veciños do municipio.Campos Conde deu conta das actuacións levada a cabo nunha visita ao Concelloxunto Alcalde, Pablo Taboada, e compañeiros da Corporación municipal.

Campos e Taboada visitaron oCampo de Fútbol de Os Chacotes no que o Goberno da Deputación inviste 230.000euros para dotalo de herba artificial e dun novo sistema de rego. Os traballoscomezarán en agosto, logo de recibir os permisos pertinentes da Xunta de Galicia. Con este investimento dáseresposta a unha demanda dos seis clubes da localidade, que reclamaban mellorasnesta instalación deportiva, dotándoo de herba artificial e dun novo sistema derego.

Ao respecto das melloras endotacións públicas, como as do campo de fútbol, o Goberno Provincial dotou denovo alumeado público de varias rúas da vila con outros 31.529 euros. Instaláronseun total de 58 novos puntos de luz LED na Avenida de Lugo, na de Compostela ena de Ourense que, ademais de mellorar o servizo, permite reducir nuns 3.500euros a factura da luz do Concello.

176.00 euros parainfraestruturas

O Goberno da Deputación mellorouen 11 parroquias deste Concello con 176.000 euros accesos viarios en 11parroquias. Foron máis de 52.000 os destinados ao acondicionamento de camiñosen Lamas, parroquia do Carballal; Xende, na parroquia de Ribeira; Leboreira, naparroquia de San Xurxo de Augas Santas, e Aviera, na parroquia de Marzá;beneficiando a un total de 500 veciños.

O Executivo Provincialfinanciou con 74.342 euros o acondicionamento de camiños noutras 8 parroquia: SanXulián do Camiño, Quindimil, Curbián, Puxeda, Carteire, Pambre, e na deSantiago.

O Presidente deu conta dasobras de 50.000 euros que se realizaron na LU-P-2901, nun treito desta vía, quetranscorre polo Burgo e Vilamaior de Negral. Trátase dunha vía de comunicaciónfundamental para toda a zona pois é a que dá acceso á autovía a Santiago.

10 novos postos de traballocon 137.000 euros

O Goberno Provincial xerou 10 novos postos de traballoen Palas de Rei a través do DepuEmprego e o Ben Empregado, pois asume con máisde 137.000 euros os custos laborais de novos profesionais que traballan enempresas da zona e no propio Consistorio, reforzando os servizos públicosmunicipais. Por exemplo, a través do DepuEmprego contratáronse os servizos dunarquitecto e catro peóns para atender ás necesidades do Concello.

66 maiores con atención profesionais

O Executivo Provincial destina máis de 26.000 euros áprestación de atención profesional aos maiores co Servizo de Axuda a Domiciliopara non dependentes e coa Teleasistencia gratuíta. Con este orzamento, contrataranseasistentes sociais que ofrecerán unhas 8.200horas de atención profesional a 66 maiores, que a Xunta non atende.

Case 350.000 máis

O Concello de Palas de Rei recibe nesta anualidade344.787 euros para reforzar as prestacións públicas. Con este orzamento, estaprevisto o acondicionamentoe mellora dos accesos en San Xorxe, Leilón, A Escrita, San Pedro, San Xulián,Pambre, Santaballa, Merlana, Casacamiño, Carteire, Sambreixo, entre outrasactuacións.

Así mesmo, ofrecerase atención profesional a un mínimo de 82 maiores; xeraranseoutros 7 empregos; dinamizarase o turismo con dúas datas de referencia na vilacomo a Festiulloa 2017 no Castelo de Pambre, e a XXVI Feira de Cabalar de Vilarde Donas. Ou actividades culturais, como o Obradoiro municipal de teatro 2017,ao tempo que se organizarán eventos deportivos.

18 de xullo de 2017 | 14:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.