publicidade hoxe

A Deputación de Lugo achegou á Pobra do Brollón 890.000 euros para servizos públicos como a residencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do BrollónLugo
A-
A+

O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Tenente deAlcalde da Pobra do Brollón, Ricardo Rodicio González, e outros compañeiros daCorporación municipal, informou este martes sobre os 890.000 euros daDeputación, que o Goberno Provincial achegou aos 1.700 veciños deste municipionun ano en impulso do conxunto das súas prestacións públicas. Campos Condeexplicou que foron uns 320.000 euros do orzamento de 2016 e outros 566.000 desteano, os que que o Executivo Provincial decidiu destinar para dito fin, “que seenmarca na nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural”, naPobra do Brollón.

Ao respecto dos 566.000 euros do presuposto de 2017, oPresidente detallou que, desta cantidade, o Goberno da Deputación achega300.000 euros á construción dunha residencia no municipio, coa que “buscamosaumentar a prestación de servizos sociais na Pobra do Brollón. A día de hoxe,neste Concello xa atendemos a 38 maiores, co Servizo a Domicilio a persoas nondependentes e coa Teleasistencia gratuíta, porque a Xunta de Galicia non o fai.Este ano, podemos duplicar número de usuarios na Pobra do Brollón destasprestacións porque incrementamos o orzamento para poder facelo”.

“A maiores, coa residencia poderemos atender a outros 30lucenses máis deste municipio ou dos limítrofes, reforzando aínda máis a atenciónprofesional que necesitan os nosos maiores, sobre todo os do rural, que noncontan con prestacións públicas desta índole nas súas localidades e teñen quemarcha delas”.

“Mantendo o mesmo investimento para o Servizo aDomicilio a non dependentes e para a Teleasistencia gratuíta, e unha vez feitaa residencia, dende o Goberno Provincial poderemos ofrecer atención profesionalna Pobra do Brollón a máis de 100 maiores”

Seguidamente o convenio

Campos Conde engadiu que “estamos a redactar tanto oproxecto de obra como o convenio de colaboración, que dende a Deputaciónasinaremos proximamente co Concello da Pobra do Brollón para executar efinanciar este centro de maiores. Son 300.000 euros do presuposto deste ano osque temos xa reservados. Iremos incorporando novas partidas nos vindeirosorzamentos porque o noso obxectivo é ter listas as obras desta residencia nestemandato”, explicou.

O Presidente visitou hoxe os terreos onde se construiráesta instalación, situados na Avenida do Outeiro, onde hai un centro de día. Noconvenio que se asinará seguidamente, detallaranse o resto de partidaseconómicas que achegará o Goberno da Deputación á construción desta residenciaata o 2019 incluído, así como á colaboración do Concello mediante 200.000 eurose a cesión de dito espazo.

Tamén este ano

Xunto aos 300.000 euros para a residencia, o ExecutivoProvincial achega outros 266.000 euros do orzamento deste ano á atenciónprofesional dun mínimo de 76 maiores do municipio, multiplicando por dous o seunúmero con respecto á actualidade; xerar polo menos outros 7 novos postos detraballo, asumindo os custos laborais destes profesionais; mellorar infraestruturase prestacións públicas, como os accesos viarios de Abelaira a Transmonte, aLama de Lor, Tudriz, de Veiga a Picas, Veiga, Eirexa e Aldea de Riba, así comoa área recreativa de Samugueiros, que dotará dun aseo público e dun quiosco; ademaisde dinamizar social e economicamente o Concello, impulsando actividadesturísticas e culturais, como o IV Festival de música tradicional As cores de Outono,a XXV Feira do viño de Vilachá, a IV Feira Medieval de Guimara ou o VIIConcurso de Cantos de Taberna, entre outras actuacións previstas.

Actuacións levadas a cabo

Son 320.000 euros os que o Executivo da Deputaciónachegou, tan só co orzamento de 2016, á mellora de infraestruturas e dotaciónspúblicas, como estradas, alumeados públicos ou locais sociais; así como áprestación de servizos sociais e á xeración de emprego. O Presidente comprobouo resultado dos traballos executados e mantivo encontros con traballadores eusuarios dos servizos que presta a institución.

Campos Conde supervisou as melloras en accesos municipaisque se levaron a cabo en Ferreiros, Santalla de Rei, Campo-Fornelas, Salcedo,Ferreirúa de Abaixo, de Piño a Centais, Eixón, á subestación de Renfe e enSantiago de Castroncelos, beneficiando directamente aos máis de 400 veciños queviven nestas zonas.

O Executivo Provincial acondicionou os 2 quilómetros daestrada LU-P-4710 que discorren pola Pobra do Brollón. Con estas obras deuseresposta a unha demanda de todo o tecido asociativo, veciñal e empresarialdeste Concello. Hai que remarcar que este vial é moi utilizado por todo osector da transformación da madeira, ademais de ser unhas das vías decomunicación fundamental para comarca, pois une a LU-652 á capitalidade doConcello. Os traballos consistiron na colocación dunha capa de slurry sobre oaglomerado e posterior repintado, entre os puntos quilométricos 0 e 2,080.

O Goberno Provincial financiou, ademais, a instalación de121 puntos de luz LED nas parroquias de Ferreirúa, Pacios de Veiga e nosnúcleos rurais de Domiz e Nugais; a creación de varios invernadoiros naParroquia de San Pedro de Cereixa; a mellora do equipamento da Casa da Cultura;así como saneamentos, melloras en centros sociais e traídas de auga,especialmente no rural do municipio.

Atención ao dobre de maiores

CamposConde informou que o Goberno da Deputación destinou máis de 24.000 euros doorzamento de 2016 á atención profesional de 38 maiores da Pobra do Brollón, quenon atende a Xunta de Galicia. O Executivo Provincial fíxoo a través do Servizoa Domicilio a persoas non dependentes, que permite a contratación deprofesionais que prestan máis de 2.000 horas de atención aos usuarios, e coaTeleasitencia gratuíta. Este ano, o número de usuarios pode ser o dobre, aotempo que tamén pode aumentar o de profesionais que se contraten para aprestación deste servizo, grazas ao incremento do presuposto por parte do Executivodo organismo provincial para facelo. Este permite pasar de atender a 38 maioresa chegar a un mínimo de 76.

 17 empregos nun ano

O Goberno Provincial xerou nun ano 10 novos postos detraballo no Concello da Pobra do Brollón a través do DepuEmprego e o Ben Empregado,pois asume, a día de hoxe e con 100.000 euros, os custos laborais destesprofesionais, que traballan en empresas do municipio e no propio Consistorio,reforzando os servizos públicos municipais. Este ano, o Executivo da Deputaciónxerará, polo menos, outros 7 empregos no municipio, financiando nun ano, polotanto, 17 novos postos de traballo neste Concello.

Dinamización cultural, turística e deportiva

OExecutivo Provincial achegou á Pobra co presuposto do pasado ano outros 50.000euros á celebración de actividades culturais e deportivas, ademais de eventosturísticos. Por exemplo, financiou a campaña Conciénzate co Deporte, coa que se impartiron clases de ximnasiagratuítas en centros sociais da vila, dirixidas aos maiores do Concello daPobra do Brollón. Tamén colaborou coa Festa do Oso de Salcedo que se celebra nomunicipio, entre outras citas.

19 de xullo de 2017 | 14:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.