publicidade hoxe

Valga acolle a mostra “De Pontevedra a Río 2016” da Deputación de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraValga
A-
A+

A exposición fotográfica “De Pontevedra a Río 2016”, organizada pola Deputación de Pontevedra, chega mañá xoves a Valga. A deputada provincial Digna Rivas, acompañada polo alcalde, Jose María Bello, e a concelleira de Igualdade, Begoña Piñeiro, inaugurará a mostra ás 11 horas nun acto que terá lugar no auditorio municipal. A iniciativa, que lles rende homenaxe ás e aos deportistas olímpicos e olímpicas, por unha banda, e paralímpicas e paralímpicos, pola outra, da provincia de Pontevedra que participaron nas últimas edicións dos xogos Olímpicos e Paralímpicos.

A mostra fotográfica estará aberta ao público ata o domingo 18 de xuño e poderase visitar na entrada interior e planta -1 do auditorio municipal de luns a venres, de 9 a 12 horas, e os sábados e domingos, de 11 a 21 horas.

A exposición, que comezou no Pazo provincial o pasado mes de outubro, xa recalou en diversas localidades da provincia como Tui, Cambados, Nigrán, Sanxenxo, Lalín, As Neves, Silleda,
A Estrada, Marín, Ponteareas, O Rosal, Cangas ou Mondariz, e ao longo deste ano ten previsto estar á disposición do público en arredor de 13 concellos máis.

“De Pontevedra a Río 2016” recolle o palmarés das e dos 16 deportistas da provincia de Pontevedra que participaron nos xogos Olímpicos e Paralímpicos o pasado ano, nuns paneis individuais nos que se poden comprobar as súas traxectorias deportivas. As e os 16 de “Río 2016” son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabéu Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Martín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

7 de xuño de 2017 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.