publicidade hoxe

Rueda incide na importancia da colaboración entre as administracións e os corpos de seguridade na loita contra o narcotráfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+
Intervención de Alfonso Rueda na xornada sobre o narcotráfico

Intervención de Alfonso Rueda na xornada sobre o narcotráfico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, incidiu na importancia da colaboración entre as Administración e os corpos de seguridade da nosa comunidade na loita contra o narcotráfico, como así reflexa as xornadas que dan comezo hoxe na Agasp, ás que acoden preto de 100 axentes da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local, levadas a cabo en colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico.

Alfonso Rueda inaugurou esta mañá a Xornada “Novos retos na loita contra o narcotráfico no século XXI, na Academia Galega de Seguridade Pública, xunto ao xefe superior da Policía, Manuel Vázquez; o alcalde da Estrada, José López Campos; ademais do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.

Esta II edición das Xornadas, nas que colabora a Fundación Galega contra o Narcotráfico, ten como obxectivo principal a formación dirixida aos corpos e forzas de seguridade para a mellora na loita antidroga en Galicia, dando a coñecer a situación actual e o novo marco legal existente coas modificacións penais aprobadas, o que resulta imprescindible para afrontar o traballo diario nesta materia con rigor, eficacia e acadar maiores posibilidades de éxito, xa que a formación continua e actualizada neste eido é fundamental para os profesionais, e para iso as Xornadas contan con expertos na materia, dende responsables policiais a xuíces, fiscais e profesores de dereito.

As últimas reformas lexislativas do 2015 abriron un novo escenario na Administración de Xustiza, especialmente na súa vertente penal, facilitando novas ferramentas na loita contra este tipo de delitos de narcotráfico. Ademais, as modificacións da Lei de enxuizamento criminal e a reforma do proceso penal teñen aportado novidades que hoxe se abordarán como a regulación das medidas de investigación tecnolóxica, que carecía ata agora dun marco legal apropiado; e a regulación do comiso autónomo e a creación da Oficina de Recuperación e Xestión de Activos, que presta unha especial atención aos bens incautados froito do delito.

Neste eido, Alfonso Rueda lembrou o pioneiro convenio asinado coa Fundación Galega contra o Narcotráfico, que permite á Fundación, xunto co colexio de Procuradores da Coruña, colaborar cos órganos xudiciais galegos na xestión dos bens comisados, co obxectivo de que eses bens poidan ser empregados para fins sociais de reparación dos danos do narcotráfico,sendo un servizo pioneiro nivel estatal.

5 de xuño de 2017 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.