publicidade hoxe

Permanece activo un incendio forestal rexistrado na parroquia de Quins, en Melón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelónSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa dun lume rexistrado no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, que segundo as primeiras estimacións afecta unhas 20 hectáreas.

Este incendio comezou ás 23,00 h. de onte e no seu control traballan 3 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

19 de xuño de 2017 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.