Ovidio Rodeiro preside a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Ovidio Rodeiro na reunión da comisión provincial

Ovidio Rodeiro na reunión da comisión provincial

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presidiu esta mañá a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais para a campaña deste ano, que estará operativa dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios.

O obxectivo da xuntanza, na que tamén participaron representantes da Subdelegación do Goberno, responsables da Policía Autonómica e Nacional e da Garda Civil, e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural, foi coordinar as actuacións que se levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria. No encontro tamén se fixo balance dos incendios rexistrados na última campaña. Todos os participantes na reunión celebrada esta mañá na sede da Delegación Territorial coincidiron en sinalar a importancia da campaña que arranca a semana que vén.

22 de xuño de 2017 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.