publicidade hoxe

Os veciños da Pontenova recibiron 1 millón de euros da Deputación para mellorar as súas prestacións públicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PontenovaLugo
A-
A+

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto ao Concelleiro de Persoal, Obras e Urbanismo, Francisco Martínez Bermúdez, informou este martes sobre as actuacións que levou o Goberno Provincial a este municipio mariñán a través da execución do Orzamento de 2016. Foi máis de 1 millón de euros para potenciar vías de comunicación, dotacións públicas, servizos sociais e emprego.

Campos Conde explicou que para a mellora de vías de comunicación o Executivo Provincial fixo investimento na Pontenova de 689.000 euros. Destináronse ao arranxo de accesos na parroquia de Rececende e das vías que unen A Pontenova coa Fonsagrada e Ribeira de Piquín.

Con 43.000 euros, melloráronse accesos públicos en Rececende. O Presidente mantivo hoxe un encontro con veciños desta parroquia, na que viven 400 persoas, para coñecer o seu parecer sobre os traballos de pavimentación que se levaron a cabo.

O Presidente adiantou que previsiblemente esta semana rematarán as obras de 296.000 euros na LU-P-1904. Trátase da estrada provincial que une A Pontenova coa Fonsagrada. Estase a mellorar con aglomerado en quente un treito de 4 quilómetros e a incrementar as medidas de seguridade nun total de 11 quilómetros, pois é unha zona moi afectada pola néboa.

O tamén Alcalde adiantou que con outros 350.000 euros este mesmo mes o Goberno da Deputación iniciará o arranxo da LU-P-4802 de Xinzo por Navallo a Pontesoutelo. É a estrada que une A Pontenova co Concellos de Ribeira de Piquín. Uns 5.000 veciños empregan a cotío esta vía de comunicación.

1.000 quilómetros de pistas

O Presidente supervisou os traballos de limpeza de vías que se levan a cabo no día de hoxe na zona da Feira. Realízanse cun tractor desbrozador que se adquiriu con 64.000 euros, que achegou o Goberno da Deputación, tendo en conta que necesidade deste equipamento para manter os preto de 1.000 quilómetros de pistas que ten o Concello.

Accesos e alumeado público

Con outros 65.000 euros, o Goberno Provincial financiou as melloras nos accesos públicos aos núcleos rurais de Barreiriñas a Fontagordo, na parroquia de Vilaboa, que conta cuns 30 veciños. O Presidente tamén estivo con veciños na estrada de Taramundi, que o Goberno da Deputación dotou de novo alumeado público, pois trátase dunha zona moi importante a nivel turístico. Tamén situouse novos puntos de luz no acceso ao polígono industrial, que conta cunha vintena de empresas; así como noutras 4 parroquias, que son as seguintes: Conforto, Goyos, Villaoudriz e Vilaboa. Todo isto cun investimento de 18.000 euros. Este novo equipamento permitirá reducir a factura da luz en máis de 3.300 euros ao ano.

Emprego e atención a maiores

O Goberno da Deputación investiu no Concello da Pontenova un total de 36.625 euros cos que financiar todos os custos laborais polo contratación de 2 novos traballadores para reforzar a prestación de servizos municipais. Fíxoo a través do DepuEmprego. Hoxe na Pontenova están a traballar dúas pesoas que estaban no paro. Trátase dun chofer de máquina motoaniveladora e dun auxiliar administrativo.

Así mesmo, para atender a maiores non considerados dependentes aso que, polo tanto, a Xunta de Galicia non lles presta atención profesional algunha, o Goberno da Deputación achegou á Pontenova máis de 25.000 euros. Con este orzamento, 34 maiores deste municipios contan co Servizo a Domicilio e Teleasistencia gratuíta. A axuda do Executivo Provincial fixo posible que o número de usuarios do SAF para non dependentes se duplicase, pois de 15 maiores no 2015 agora aténdense 30.

13 de xuño de 2017 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.