Os cinco distritos forestais da provincia da Coruña celebran quendas de formación
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá aos compoñentes das tres demarcacións que compoñen o Distrito Forestal V, o de Fisterra, e que participaron nunha das xornadas de aprendizaxe e actualización que estes días se están a celebrar en toda a provincia. Estes encontros serven para analizar os incendios combatidos na pasada campaña e para actualizar os coñecementos e as innovacións tecnolóxicas de cara aos vindeiros meses.
A provincia da Coruña organízase en cinco distritos forestais. O Distrito Forestal I corresponde a Ferrol e inclúe os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez (Demarcación de Eume); Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño (Demarcación de Ferrol); e Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira (Demarcación de Ortegal). O Distrito Forestal II comprende Bergantiños-Mariñas Coruñesas e inclúe os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso (Demarcación de Bergantiños); Aranga, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne, Vilasantar e Vilarmaior (Demarcación de Bergantiños), e Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Laracha, Oleiros e Sada (Demarcación de A Coruña).
O Distrito Forestal III, Santiago-Meseta Interior, inclúe os concellos de Arzúa, Frades, Mesía, O Pino e Touro (Demarcación de Arzúa); Boimorto, Melide, Santiso, Sobrado e Toques (Demarcación de Melide); Cerceda, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo e Val do Dubra (Demarcación de Ordes); e Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, e Vedra (Demarcación de Santiago). O Distrito Forestal IV, Barbanza, abrangue os concellos de Boiro, Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira (Demarcación de Barbanza; A Baña, Negreira, Noia e Outes (Demarcación de Noia-A Barcala); e Dodro, Lousame, Padrón, Rianxo e Rois (Demarcación do Sar. Por último, o Distrito Forestal V, Fisterra, inclúe os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía (Demarcación de Fisterra); Camariñas, Vimianzo e Zas (Demarcación de Terra de Soneira); e Carnota, Mazaricos, Muros e Santa Comba (Demarcación de Xallas-Muros).
En materia de incendios forestais, os distritos desenvolven as accións incluídas na planificación da defensa contra os incendios, controla a execución dos convenios de colaboración cos concellos e as axudas aos montes veciñais en man común, e leva a cabo accións de prevención, vixilancia, detección e extinción dos incendios forestais. En cuanto á xestión forestal, encárganse no seu ámbito territorial dos montes públicos, e dos montes con convenio ou consorcio, leva a cabo o control e supervisión dos aproveitamentos forestais, o apoio ás comunidades de montes veciñais, así como accións de fomento forestal.
O cadro de persoal de cada distrito forestal está formado por un xefe de distrito, apoiado por tres ou catro técnicos de distrito, entre 18 e 21 axentes forestais, así como auxiliares administrativos, operadores-codificadores, emisoristas, brigadas forestais, condutores de motobomba e de distrito, e vixilantes de puntos fixos.
En total nos distritos da provincia da Coruña prestan servizo, en período de alto risco do verán, 29 brigadas, cinco CAR (brigadas de intervención rápida), un cento de motobombistas, 16 técnicos, 97 axentes forestais, 39 emisoristas e 32 vixilantes fixos. Durante o verán intégranse no dispositivo de defensa provincial 32 brigadas da empresa pública Seaga, 60 brigadas de concellos, e 17 motobombas de concellos. Ademais, durante todo o ano cóntase coa participación de sete grupos de emerxencia supramunicipal (GES).
Ovidio Rodeiro felicitou aos traballadores polo seus compromiso e pediulles “que levasen con orgullo a representación de todos os galegos nas tarefas de prevención e combate contra os lumes forestais”. O delegado territorial lembrou que “os nosos montes son patrimonio de todos os galegos, un tesouro que garante o noso porvir, e debemos expresar constantemente a nosa admiración a quen, coma vos, e quen de arriscar mesmo a súa vida por conservar toda esa riqueza”.











