O proxecto “Cinema e Muller” logra mención especial dos premios CREA pola súa promoción da igualdade de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

“Cinema e Muller” o proxecto da Deputación de Pontevedra que nasceu para visibilizar o papel da muller creadora de cinema e fomentar a súa maior participación na cultura e arte, foi escollido pola Asociación de Directores e Realizadores de Galicia para a Mención Especial dos II Premios CREA á promoción da igualdade de xénero. O xurado destaca do proxecto premiado “a visibilización que fai das mulleres directoras, por tecer redes entre elas, e ó traballo de difusión e de rescate dunha realidade en penumbra”

A Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción por este novo premio a “Cinema e Muller”, que se suma aos obtidos en festivais de cinema independentes e que contribúe a promover a alta capacidade e imaxinación das creadoras audiovisuais da provincia de Pontevedra. “Estamos moi felices polo recoñecemento que supón este premio, aínda que a verdadeira ledicia é poder visibilizar o talento feminino que en Galicia é espectacular. Noraboa ás Comisarias e as magníficas directoras que participaron no proxecto. O premio é seu”

“Cinema e Muller”, proxecto, dirixido por Xisela Franco e producida por Beli Martínez, ten por obxectivo promover dende a investigación e a teoría ata a produción de cinema (coa película “Visións”), un mapeamento de realizadoras da provincia de Pontevedra, máis de 70 creadoras, charlas sobre cinema e feminismo, mostras de cinema experimental ou concertos.

7 de xuño de 2017 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.