publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Plan de transporte da Xunta duplicará o número de paradas de autobús a 145.000 veciños de 17 concellos da comarca de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarbadásLocal PortadaOurense
A-
A+
Ethel Vázquez no encontro con representantes de Adercou

Ethel Vázquez no encontro con representantes de Adercou

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe un encontro con representantes da Asociación de Desenvolvemento Rural ADERCOU, que engloba 17 concellos da comarca de Ourense e limítrofes, aos que lle presentou o novo Plan de Transporte da Xunta, que beneficiará a 145.000 persoas e permitirá incrementar case duplicar o número de paradas ata dispor de preto de 1.200.

Vázquez Mourelle salientou que este novo plan tamén beneficiará ás empresas de transporte, xa que incrementará nun 35% os quilómetros que percorrerán os autobuses, ao pasar dos 1,3 millóns de km/ano actuais aos 1,8 millóns de quilómetros/ano.

A titular de Infraestruturas explicou que o Goberno galego está a aproveitar sinerxías para mellorar os servizos e coordinar os horarios de autobuses coas necesidades da xente para que o transporte sexa máis atractivo e máis útil para a mobilidade no rural e que chegue a onde antes non chegaba.

Este novo Plan de Transporte Público, para o conxunto de Galicia, nesta primeira fase, prevé duplicar o número de paradas de autobús en preto de 200 concellos e beneficiar a 1,7 millóns de galegos, que terán unha parada a menos de 500 metros da súa casa.

A conselleira indicou que este plan busca de xeito especial incrementar a calidade do servizo e ofrecer a máxima cobertura territorial á dispersión xeográfica do rural. Precisou que esta iniciativa non só garante a continuidade dos servizos de autobús actuais, senón que os incrementa e os reforza.

Ethel Vázquez subliñou a integración do transporte escolar nas liñas de uso xeral, o que posibilitará aproveitar os asentos baleiros dos autobuses escolares e que a xente poderá empregar tamén no período non lectivo baixo a fórmula de transporte a demanda, cando o usuario teña feita previamente a reserva do servizo. Engadiu que isto significará unha mellora palpable na mobilidade dos veciños de moitos municipios, especialmente do rural.

Con esta integración, os rapaces terán blindada a atención ás súas necesidades e mellorado o servizo ao ter o acompañante garantido, e os maiores terán moitas máis paradas para coller o autobús: para ir a unha consulta ao centro de saúde ou para a revisión do sintróm; para desprazarse ata o Concello para facer algunha xestión.

5 de xuño de 2017 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.