publicidade hoxe

O Goberno da Deputación de Lugo xera outros 6 postos de traballo no Concello do Incio a través do DEPUEMPREGO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoO Incio
A-
A+

O Goberno da Deputación xera outros 6 postos de traballo no Concello do Incio a través do DEPUemprego, o plan que o Executivo Provincial dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes. Son 6 peóns de servizos múltiples. A selección dos traballadores a realizará o Servizo Público de Emprego de Galicia. Máis información en www.deputacionlugo.gal.

Con estas 6 ofertas en proceso de selección, xa son 221 os postos que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 58 municipios da provincia a través do DEPUEMPREGO. Cómpre destacar que plan inclúe en total 263 postos de traballo, polo que nas vindeiras semanas se crearán máis postos de traballo.

Distribución dos 221 traballadores

Á espera da vindeira incorporación dos 6 novos traballadores que resulten beneficiados, xa son 221 as persoas contratadas en 58 Concellos grazas ao DEPUEMPREGO.

Na Mariña son 51 postos de traballo en 15 Concellos: Alfoz, 1 peón e 2 auxiliares administrativos; A Pontenova, 1 chofer e 1 auxiliar administrativo; Barreiros, 2 oficiais; Cervo, 5 peóns; Foz, 2 auxiliares administrativos; Lourenzá, 1 técnico en turismo, 1 albanel, 1 carpinteiro, 1 xardineiro, 1 peón de limpeza; Ribadeo, 1 auxiliar de turismo, 1 catalogador de documentos, 1 dinamizador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; en Riotorto, 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardinería; Mondoñedo, 1 educador familiar, 1 axente de desenvolvemento turístico, 1 varredor-peón; Trabada, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico, 1 técnico deportivo, 1 peón de servizos múltiple; O Vicedo, 1 administrativo e 1 peón de servizos múltiples e 1 peón de mantemento de servizos naturais; O Valadouro, 1 operario condutor, 1 operario mantemento, 1 operario condutor-tractor; Ourol, 1 operario de servizos mínimos, 1 peón forestal e 1 electricista; Viveiro, 1 técnico de informática, 1 electricista, 2 pintores, 3 peóns de servizos múltiples e 1 socorrista; e Xove, 1 coidador e 1 administrativo.

Na Terra Chá son 40 postos de traballo en 10 Concellos: Abadín, 3 peóns; Begonte, 6 peóns; Castro de Rei, 4 peóns de servizos múltiples; Cospeito, 3 peóns; Guitiriz, 2 conserxes, 1 condutor, 1 arquiveiro e 1 dinamizador social; Meira, 2 peóns; Muras, 1 técnico de obras e servizos, 1 auxiliar administrativo, 1 operario condutor, 1 orientador; Ribeira de Piquín, 3 peóns; Vilalba, 3 peóns de obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico superior informático e 1 técnico en administración; e Xermade, 3 peóns da edificación de obras públicas e 1 peón condutor.

Na Comarca de Lugo son 22 postos en 6 Concellos: O Corgo, 1 peón, 1 palista e 1 oficial de segunda; Friol, 6 peóns de mantemento de espazos naturais; Guntín, 1 administrativo; Outeiro de Rei, 1 administrativo e 6 operarios; Portomarín, 2 peóns e 1 xardiñeiro; e Rábade, 1 administrativo e 1 peón.

Na Comarca de Sarria son 26 postos en 6 Concellos: Láncara, 4 peóns de servizos múltiples e 1 monitor de ocio e tempo libre; O Incio, 7 peóns; Paradela, 4 peóns de obras públicas; O Páramo, 1 animador sociocultural e 3 peóns; en Sarria, 1 dinamizador e 2 traballadores de servizos varios; e en Triacastela 3 peóns.

Na Montaña son 22 postos de traballo en 8 Concellos: Baleira, 3 peóns; Baralla, 6 peóns; Becerreá, 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico agrícola; Cervantes, 1 peón e 1 tractorista; Folgoso do Courel, 1 peón e 1 animador turístico; Negueira de Muñiz, 2 peóns; Navia de Suarna, 1 peón condutor e 1 auxiliar administrativo; e As Nogais, 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades.

Nas Comarcas de Lemos e Chantada son 40 postos de traballo en 10 Concellos: Bóveda, 2 peóns; Carballedo, 1 informador turístico e 2 peóns de servizos múltiples; Monforte de Lemos, 2 peóns de servizos e 1 auxiliar administrativo; Pantón, 1 peón de mantemento e 1 traballador social; A Pobra do Brollón, 1 técnico medioambiental e 1 peón forestal; Quiroga, 1 electricista, 1 albanel, 1 limpador, 1 técnico medioambiental, 1 animador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; O Saviñao, 6 peóns, 1 limpador e 1 administrativo; Ribas de Sil, 3 peóns de obras de mantemento e 1 oficial de primeira condutor; Sober, 1 técnico en informática, 1 auxiliar viticultura técnico en turismo, 1 monitor deportivo, 2 peóns de servizos e 1 pintor; e Taboada, 1 peón de obras, 2 oficiais de primeira e 1 monitor de deportes.

Na Comarca da Ulloa son 20 postos en 3 Concellos: Antas de Ulla, 5 peóns; Palas de Rei, 4 peóns, 2 auxiliares de axuda a domicilio, 1 peón de xestión de residuos e 1 arquitecto; e Monterroso, 3 peóns de limpeza, 3 peóns de obra albaneis e 1 conserxe.

6 de xuño de 2017 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.