publicidade hoxe

O DOG publica a transferencia ao Concello de Dozón de dous tramos antigos da estrada Lalín-Alto do Faro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDozónPontevedra
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se autoriza a transferencia ao Concello de Dozón de dous tramos antigos da estrada Lalín- Alto do Faro (PO-533). No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este cambio de titularidade: goo.gl/SmgUak

O treito atópase na marxe dereita da actual estrada PO-533, aproximadamente á altura dos pp.qq 7+970 e 8+310 da vía autonómica. Ten 375 metros de lonxitude e comeza e remata nun camiño de servizo.

O Goberno galego, propuxo tamén ao concello a transferencia doutro tramo da estrada PO-533 moi próximo ao solicitado e de similares características: situado entre os pp.qq 6+800 e 7+540, na súa marxe esquerda e cunha lonxitude de 602 metros.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais así como de elementos funcionais e espazos da zona de dominio público adxacente.

Este cambio de titularidade tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberá ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O cambio de titularidade será efectivo a partir de mañá e a entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes. Con esta transferencia, o Concello poderá actuar sobre esta vía, que pasa a ser de titularidade municipal, de modo acorde coas súas características urbanas, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas.

7 de xuño de 2017 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.