Medio Rural entrega unha pértega ao Concello de Oroso para a loita contra a vespa velutina

Belén do Campo na visita ao Concello de Oroso
A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, fixo entrega esta mañá dunha pértega ao concello coruñés de Oroso para loitar contra a vespa velutina.
Esta acción enmárcase no Plan de vixilancia e control da vespa velutina en Galicia, onde a consellería está distribuíndo 40 pértegas de 27 metros de lonxitude e 1 pértega de 7,5 metros aos concellos colaboradores. A entrega deste material realízase a aqueles concellos onde máis avisos houbo o pasado ano e que non recibiron este equipamento. Estas distribucións súmanse á xa realizada no ano 2016, no que se cederon un total de 37 pértegas.