publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural achega 94.015 euros ao Concello de Avión para arranxar os seus camiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAviónLocal Portada
A-
A+

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, supervisou esta mañá as obras que se levaron a cabo no concello de Avión con cargo ao Plan de mellora de camiños municipais que Medio Rural desenvolve cada ano en Galicia para facilitar a comunicación e mobilidade dos veciños. A través deste plan a Xunta achega en dous anos 94.015 euros a este municipio que poderá mellorar a conexión entre os seus núcleos rurais.

En concreto, en Avión o pasado exercicio desenvolvéronse actuacións nos camiños de Rubidón a Acevedo e na zona de Abelenda Santo Estevo por valor de 54.136 euros, cofinanciados polo Feader (75%), a Agader (17,5%) e o Mapama (7,5%). A obra consistiu na renovación do firme e a limpeza de cunetas destas vías. Agora, segundo transmitiu o alcalde, Antonio Montero, a intención do concello será completar o proxecto na zona con cargo ao Plan marco de camiños de 2017, do que lle corresponden outros 39.879,18 euros.

Ángeles Vázquez sinalou que esta é “unha fórmula máis para mellorar a calidade de vida dos veciños do rural”. De feito, estas actuacións están contempladas no Plan de fixación de poboación que Medio Rural prevé desenvolver ata 2020 e que está dotado con 231 millóns de euros.

En total, no presente exercicio o conxunto da provincia de Ourense recibirá 3,7 millóns de euros para renovar os seus camiños rurais dos 16 que alcanza o plan en toda a comunidade. O reparto destes fondos, que subvencionan o 100% dos gastos, fíxose de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tendo en conta criterios obxectivos.

Balance 2016

Durante o pasado exercicio o Plan marco de mellora impulsado pola consellería permitiu actuar sobre 810 quilómetros de camiños. Foron 802 os viarios nos que se fixo algún tipo de obra, a maioría centradas en adecuar os accesos ás explotacións agrogandeiras.

27 de xuño de 2017 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.