publicidade hoxe

Medio Ambiente estuda posibles vías de colaboración para a mellora das infraestruturas hidráulicas no concello de Barreiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarreiros
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Barreiros

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Barreiros

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, estudará posibles vías de colaboración co Concello de Barreiros para a mellora das infraestruturas hidráulicas do municipio. A titular do departamento autonómico coñeceu as propostas do rexedor local, José Alfonso Fuentes, en materia de saneamento e abastecemento durante unha reunión de traballo celebrada en Santiago.

Así, o alcalde da localidade lucense formulou as necesidades do Concello en canto á ampliación e optimización da rede local de saneamento e subministro, especialmente nas zonas de San Pedro, San Miguel de Reinante e San Cosme, que suporían a mellora substancial da calidade das augas da ría.

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente recordou ao rexedor que o saneamento integral das rías galegas é unha prioridade para a Xunta de Galicia, polo que as propostas do Concello de Barreiro estudaranse detidamente. Igualmente, Beatriz Mato, reiterou que o obxectivo do Executivo e, en concreto do seu departamento, é acadar a excelencia nas nosas rías, así como incrementar a calidade de vida dos veciños.

8 de xuño de 2017 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.