publicidade hoxe

Marisol Díaz Mouteira recibe ao novo alcalde de Cartelle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCartelleOurense
A-
A+
Marisol Díaz na reunión co alcalde de Cartelle

Marisol Díaz na reunión co alcalde de Cartelle

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo alcalde do concello ourensán de Cartelle, Jaime Sousa, que a pasada fin de semana substituíu no cargo a Carmen Leyte tras 26 anos ao fronte da Alcaldía deste municipio. Jaime Sousa explicoulle á delegada territorial que a súa intención é darlle continuidade ao labor que desenvolveu a súa predecesora e do que él tamén foi responsable na súa condición de tenente alcalde. Pola súa banda, Díaz Mouteira brindoulle ao novo rexedor toda a colaboración da Administración autonómica co fin de lograr o progreso e benestar deste municipio ourensán. Así, analizaron os proxectos que este concello ten solicitados diante da Xunta para os próximos meses e o seu estado de tramitación.

8 de xuño de 2017 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.