Marisol Díaz Mouteira preside a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de loita contra os incendios forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Marisol Díaz na reunión da comisión

Marisol Díaz na reunión da comisión

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presidiu esta mañá a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais para a campaña deste ano, que estará operativa dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios.

O obxectivo da xuntanza, na que tamén participou o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, responsables da Policía Autonómica e Nacional e da Garda Civil, e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural, foi coordinar as actuacións que se levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria. No encontro tamén se fixo balance dos incendios rexistrados na última campaña. Todos os participantes na reunión celebrada esta mañá coincidiron en sinalar a importancia da campaña que arranca o sábado, día 1 de xullo.

29 de xuño de 2017 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.