Cores Tourís preside a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais

Cores Tourís na reunión para a loita contra incendios forestais
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais para a campaña deste ano, que estará operativa dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios.
O obxectivo da xuntanza, na que tamén participou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, responsables da Policía Autonómica e Nacional, da Garda Civil, do Exército, e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural, foi coordinar as actuacións que se levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria. No encontro tamén se fixo balance dos incendios rexistrados na última campaña. Todos os participantes na reunión celebrada esta mañá na sede da Delegación Territorial de Pontevedra coincidiron en sinalar a importancia da campaña que arranca a semana que vén.











