Cores Tourís comproba as obras de mellora do firme da VG-4.1 ao seu paso pola parroquia de Noalla en Sanxenxo
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá o arranque dos traballos de rehabilitación do firme da vía de alta capacidade do Salnés no tramo máis próximo á saída de Noalla, no concello de Sanxenxo, que executa a Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
Na visita estivo acompañado do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, o tenente alcalde desta localidade, Gonzalo Pita, así como do xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra, Fausto Núñez.
As obras, que contan cun orzamento de case 60.500 euros, permitirán mellorar o pavimento existente a través da execución de microaglomerado en frío. Segundo explicou José Manuel Cores Tourís, o problema deste tramo é a falta de adherencia que presenta, “polo que é realmente importante a súa renovación periódica para dotala de bos parámetros de textura, recuperando as características antideslizantes da rodaxe actual, deteriorada polo tráfico e as condicións climáticas”.
Na VG-4 as obras execútanse dende hoxe entre os puntos quilométricos 20,8 e o 24,7, é dicir, ao longo de máis de catro quilómetros de lonxitude. Este tramo conta cunha elevada intensidade vehículos, “que evidentemente vese incrementado en épocas puntuais de afluencia de visitantes como a pasada Semana Santa ou no verano, xa que estamos a falar do acceso a un concello moi turístico como é Sanxenxo”, engadiu o delegado territorial.
Estes traballos permitirán poñer en marcha medidas preventivas y paliativas sobre un total do pavimento, procedendo ao seu selado mediante a execución dun microaglomerado en frío dunha sola capa que impedirá a entrada de auga na sección do firme, minimizando así o seu deterioro e alargando a súa vida. Aplicaranse 33.350 metros cadrados de microaglomerado en frío, 8.000 metros lineais de pintura acrílica de 10 centímetros de ancho e outros tantos de 15 centímetros, así como outros 2.000 metros de pintura de 30 centímetros.
“Se as condicións meteorolóxicas o permiten estará listo a próxima semana”, explicou pola súa banda Fausto Núñez, quen engadiu que durante o tempo que duren os traballos cortarase un carril ao tráfico, o que se solucionará utilizando os dous enlaces de Adina e o de Noalla”. No tramo final da obra, instalaranse semáforos de obra ou señalistas.
A mellora da seguridade viaria neste entorno rematarase coa posta en marcha dun proxecto, “que estamos a redactar nestes intres e que se rematará en breve”, segundo engadiu Cores Tourís, que permitirá instalar un paso de peóns semaforizado con botón no acceso á Lanzada e a Revolta e a aplicación de aglomerado da calzada ao longo dun quilómetro nese tramo. “Deste xeito damos solución a unha antiga demanda deste concello que permitirá garantir a seguridade do acceso ás praias por parte dos numerosos turistas que visitan este municipio cada verano”.
Os traballos na VG-4.1 compleméntase cos levados a cabo recentemente no mesmo senso na PO-361 no acceso ao concello do Grove, ao longo de dous quilómetros e medio de lonxitude.