publicidade hoxe

Comezan as obras de execución dunha senda peonil no lugar do Castiñeiro, na estrada AC-400, ao seu paso polo concello de Tordoia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaTordoia
A-
A+

A Xunta inicia a execución dunha senda peonil no lugar do Castiñeiro, entre os puntos quilométricos 30+960 e 31+440, no Concello coruñés de Tordoia. Esta actuación ten un prazo de execución de 2 meses e conta cun orzamento de case 51.000 euros, cofinanciados con Fondos Feder 14/20.

Nesta actuación, que executará a empresa Construcciones Ponciano Nieto, construiranse 480 metros de senda de formigón coloreado pola marxe dereita da estrada AC-400, concretamente, dende a intersección do punto quilométrico 30+960 (á altura do Casal) ata o p.q. 31+440, conectando coa beirarrúa existente no lugar do Castiñeiro.

Esta infraestrutura terá un ancho de 1,8 m e completarase cos elementos necesarios para a recollida das augas de drenaxe. Esta obra responde a unha solicitude realizada polo Concello de Tordoia para a construción dunha senda peonil desta zona do municipio.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a promover sendas útiles, sustentables e saudables para que os veciños poidan empregar as estradas de xeito seguro e accesible, ao tempo que mellora a seguridade de todos os usuarios da vía.

O Plan de Sendas de Galicia concreta a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios peonís. O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, destinará este ano un total de 10,5 millóns de euros ao plan, que xa dispón de 40 proxectos aprobados.

7 de xuño de 2017 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.