publicidade hoxe

As xornadas de Sarria e Mariñán sitúan a Galicia no centro do debate xurídico a nivel estatal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSarria
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que as Xornadas especializadas en diferentes materias xudiciais que se levan a cabo en Sarria e en Mariñán, sitúan a Galicia no centro do debate xurídico a nivel estatal.

Alfonso Rueda participou hoxe na inauguración das XI Xornadas Xurídicas do concello de Sarria, que este ano xiran en torno ao Dereito Mercantil, onde precisou a necesidade de adaptalo a estes tempos de recuperación económica, con especial incidencia na nova Lei de Patentes, de gran repercusión para toda os nosos emprendedores, pezas claves nesta nova etapa de recuperación.

As xornadas foron inauguradas polo catedrático de Dereito Mercantil, Carlos Lema Devesa; pola alcaldesa de Sarria, María Pilar López; polo presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; e polo letrado da Administración de Xustiza e organizador das Xornadas, Román García-Varela.

Alfonso Rueda destacou o elevado nivel dos poñentes destas xornadas que por 11º ano organiza o concello de Sarria, e deulle a benvida aos participantes a estas xornadas que converten a esta vila lucense durante estes días nun centro de debate e reflexión sobre asuntos xurídicos de relevancia a nivel nacional.

As xornadas xurídicas teñen lugar na Casa da Cultura, en Sarria, durante os días de hoxe e de mañá, e contará con poñentes como o ex- presidente do Tribunal Constitucional, Pascual Sala; os catedráticos de Dereito Mercantil, Manuel Botana e Anxo Tato; así como o Maxistrado do Tribunal Constitucional, Juan Xiol e o presidente da Audiencia de Lugo, José Antonio Agralo, e da Audiencia da Coruña, José Luis Spielgelberg, entre outros.

16 de xuño de 2017 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.