publicidade hoxe

Ángeles Vázquez agradece aos xóvenes a súa implicación por dinamizar o rural a través de sectores con futuro como o da agricultura ecolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOza/Cesuras
A-
A+

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, coñeceu hoxe unha explotación ecolóxica en Oza-Cesuras rexentada por dous mozos irmáns que viron no rural unha alternativa de traballo e futuro. Durante a súa visita, a titular de Medio Rural aproveitou para agradecerlles a eles e en xeral a todos os mozos que apostan polo agro a súa implicación por dinamizar o rural galego, “neste caso a través dun sector con futuro como é o da agricultura ecolóxica”, sinalou Vázquez.

En concreto, Iván e Aitor Lata teñen unha explotación de ovino e cabrún de 25 animais e tamén son agricultores ecolóxicos con distintas producións: avea, millo, nabos, pastos, pataca, tripo e froiteiras. De feito, xunto a outros tres agricultores mozos do entorno están vendendo os seus produtos a colexios e escolas infantís da comarca co fin de fomentar unha alimentación sa e equilibrada. Neste proxecto, que pretenden formalizar constituíndo unha empresa conxunta, presta asesoramento o grupo de desenvolvemento rural Mariñas-Betanzos.

“Un proxecto moi interesante polo que me gustaría felicitalos”, sinalou a conselleira que indicou tamén que este tipo de iniciativas son as que crean un “futuro alentador” para o rural. Neste sentido, a Ángeles Vázquez destacou a importancia do emprendemento tamén no agro, xa que son os propios veciños os que poden activalo e modernizalo. “Nese camiño sempre atoparán a axuda da Xunta xa que son as administracións os que temos que facilitarlles o proceso”, comprometeuse a conselleira, aludindo, por exemplo, ás axudas de incorporación de mozos para as que este ano recibíronse 540 solicitudes. Xunto ás do anterior exercicio, en só dous anos máis de 1.300 mozos mostraron o seu interese por incorporarse ao rural, algo que destacou a responsable autonómica.

Sector en alza

A titular de Medio Rural tamén apelou aos bos datos que está rexistrando a agricultura ecolóxica en Galicia nos últimos anos. De feito en dúas décadas pasouse de apenas 13 hectáreas a 27.000 ha de superficie, cun incremento do 36% só no último exercicio. “Este negocio move un 41 millóns de euros anuais, o que demostra que é un sector cun amplo percorrido por diante”, sinalou Ángeles Vázquez.

Para apoiar esta evolución, a Xunta destinará 4,3 millóns de euros nos próximos anos a fomentar este tipo de agricultura en Galicia. Estes fondos consígnanse no Plan de fixación da poboación no rural e permitirán ampliar nunhas 8.000 hectáreas a superficie ecolóxica na nosa Comunidade. A conselleira lembrou que “Galicia é sinónimo de calidade e excelencia” e temos que dar a coñecer esta vantaxe no mercado.

21 de xuño de 2017 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.