Ana María Díaz recibe a membros da Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira

Ana María Díaz na reunión cos empresarios da madeira
A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Asociación Provincial Empresarios da Primeira Transformación da Madeira, Noelia Méndez e Elena Picos, aos que informou do estado da tramitación actual da Lei de Patrimonio Natural de Galicia.
Indicoulles que, na actualidade, o departamento que dirixe está en fase de revisión das alegacións presentadas polos interesados; polo que a reunión celebrada hoxe é unha oportunidade para coñecer a sensibilidade do sector forestal e tela en conta na redacción do anteproxecto de lei.
A directora xeral trasladou que o obxectivo é que esta norma regule os espazos naturais protexidos, co fin de que a biodiversidade acade o maior consenso posible de todos os sectores económicos e sociais de Galicia.











