publicidade hoxe

A Xunta inviste 220.000 euros en obras na cuberta da Casa do Concello de Forcarei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcarei
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe Forcarei, acompañado pola súa alcaldesa, Belén Cachafeiro, para coñecer de primeira man o resultado dos investimentos realizados no concello ao abeiro das axudas convocadas por este departamento autonómico.

Durante o ano pasado, a Vicepresidencia da Xunta investiu máis de 220.000 euros en Forcarei para colaborar na execución de tres actuacións distintas, que se centraron en obras de saneamento, na mellora do acceso ao lugar onde se pretende construír un pavillón, e na substitución da cuberta da Casa do Concello.

Grazas a esta colaboración cos concellos, é posible levar a cabo actuacións que, a pesares de non ser de gran envergadura, son útiles e redundan directamente na mellora do benestar e calidade de vida da veciñanza.

Precisamente, a colaboración cos concellos é o obxectivo de ordes como a do Fondo de Compensación Ambiental, dotado con preto de 9 millóns de euros, que permitiu que uns 150 concellos se beneficiasen das explotacións eólicas a través do canon eólico; ou á orde de Infraestruturas que, cun orzamento de 2 millóns de euros, facilita que as entidades locais executen actuacións que serían moi difíciles de acometer en solitario.

19 de xuño de 2017 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.