publicidade hoxe

A Xunta entrega as chaves dunha vivenda en réxime de alugueiro social na Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+

A Xunta de Galicia entregou hoxe, despois de asinar o contrato, as chaves dunha vivenda emprazada na localidade pontevedresa da Estrada a unha familia en situación de especial necesidade. A adxudicación realizouse en réxime de alugueiro social.

A vivenda foi cedida por Abanca á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, dependente da consellería de Infraestruturas e Vivenda, con destino a alugueiro social.

No que vai de 2017 xa se realoxou a 37 familias en vivendas propiedade do Executivo autonómico ou cedidas por Abanca, Sareb, CaixaBank e Banco Sabadell. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.200 casos en toda Galicia.

12 de xuño de 2017 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.