A Xunta entrega ao Concello de Redondela o seu escudo e bandeira oficial
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, entregou hoxe ao alcalde de Redondela, Javier Bas, a bandeira e o escudo oficial do concello. No acto, que tivo lugar dentro das actividades programadas para a Festa da Coca, tamén participou o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.
O escudo e a bandeira oficiais contan coa aprobación do Consello da Xunta e constitúen un signo de identidade do concello, ao que identifican e diferencian.