publicidade hoxe

A Xunta declarará a Semana Santa de Betanzos Festa de Interese Turístico de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosLocal Portada
A-
A+
Nava Castro na reunión coa directiva da Confraría Semana Santa de Betanzos. Foto: M. Fuentes

Nava Castro na reunión coa directiva da Confraría Semana Santa de Betanzos. Foto: M. Fuentes

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuníronse esta mañá coa directiva da Confraría da Semana Santa de Betanzos, nun encontro no que se avanzou que esta festividade acadará a clasificación de Festa de Interese Turístico de Galicia.

Durante o encontro, púxose en valor o potencial desta celebración, que ano a ano reúne a milleiros de betanceiros e visitantes e que conta cunha gran tradición na comarca que nos últimos anos ampliou considerablemente o número de pasos, procesións e participantes. Unha celebración na que destaca a súa procesión de Domingo de Ramos, as conmemoracións do Xoves Santo e Venres Santo e a especial beleza da procesión coñecida como Os Caladiños.

Máis de 130 festas de interese

Valores todos eles que, xunto a súa tradición, singularidade, arraigamento e valor cultural a fan merecedora deste novo recoñecemento como festa de interese turístico de Galicia. Un recoñecemento que se atopa nas súas últimas fases, tan só pendente da súa aprobación no Consello da Xunta.

Con este recoñecemento, esta Semana Santa de Betanzos sumarase ás máis de 130 festas de interese turístico coas que conta a Comunidade galega, das que nueve son de interese turístico internacional, 11 de interese turístico nacional e 115 de interese turístico galego.

6 de xuño de 2017 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.