publicidade hoxe

A Xunta avanza cara á posta en servizo do Centro de Día de Cambados coa licitación do equipamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal Portada
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución que anuncia a licitación polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria para contratar o subministro de equipamento e amoblamento do centro de día de Cambados, en Pontevedra.

O orzamento para esa dotación é de 90.374,77 euros (IVE incluído), dos que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará 70.000 e o Concello de Cambados, 20.000, de acordo co convenio de colaboración asinado por ambas partes o 31 de marzo de 2017. O prazo de execución é de 30 días.

As empresas interesadas en participar nese concurso terán 15 días naturais dende mañá -o día seguinte á publicación do anuncio no DOG-, para presentar as súas ofertas, polo que ese prazo rematará o próximo 23 de xuño.

A Xunta de Galicia avanza deste xeito cara a posta en servizo este ano do centro de día de Cambados, en cuxa construción investirá 800.000 euros (incluíndo estudos previos, proxectos e dirección de obra) e que ofertará un total de 40 prazas para maiores da comarca pontevedresa de O Salnés.

O seguinte -e último- paso previo á entrada en funcionamento do centro será a remisión ao Concello de Cambados do convenio de colaboración para a xestión do centro -nos termos establecidos no Acordo Marco subscrito en maio de 2016 entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)-, que logo deberá ser aprobado polos órganos de Goberno dese concello pontevedrés.

8 de xuño de 2017 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.