publicidade hoxe

A Guarda recibe 10.000 euros do “Plan Concellos 2017” para a substitución de luminarias urbanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha nova achega ao Concello da Guarda no marco do “Plan Concellos 2017”, dentro da súa liña 1 de Investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 11.351,09 euros para proceder á substitución das luminarias coas que está dotada actualmente a rúa Concepción Arenal.

Ao abeiro do “Plan Concellos 2017”, anteriormente a institución provincial xa destinara á Guarda 251.139,20 euros para a realización dun plan de accesibilidade, a adquisición de equipos informáticos, a adquisición dun deshumidificador industrial, a reparación da cuberta do pavillón municipal e a urbanización das rúas Cal e subida a San Amaro. Ademais, outros 92.017,69 euros en liña 2 para o pagamento de gastos correntes e a realización de diversas actividades como o Entroido, a Gala do Deporte, a feira do libro, o Campus de Verán Deportivo ou o programa “Noites de Castelao”, entre moitas outras. Finalmente, 154.852,58 euros cos que A Guarda puido contratar a 17 persoas que desenvolveron as súas profesións nos distintos servizos municipais da vila.

Coa suma desta nova achega, A Guarda xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 66,5 % do total do investimento que lle corresponde dentro do “Plan Concellos 2017”, isto é, 509.360,56 euros dun total de 765.000 euros.

14 de xuño de 2017 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.