A fachada de San Marcos tínguese de azul turquesa para dar visibilidade ás persoas xordas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Goberno da Deputación tingue este mércores de azul turquesa a fachada do Pazo de San Marcos para promover a visibilidade das persoas xordas. O Executivo Provincial súmase deste xeito aos actos organizados pola Asociación de persoas xordas de Lugo (ASORLU) con motivo do Día Nacional da linguaxe de signos, que se celebra este 14 de xuño. Durante toda a tarde haberá unha mesa informativa da asociación lucense na Praza Maior para informar sobre a linguaxe de signos e os servizos e actividades que ofrecen durante todo o ano.

A fachada do Pazo de San Marcos iluminarase de cor turquesa, simbolizando a sensibilidade da institución provincial coas persoas xordas. O Goberno da Deputación colabora con ASORLU cunha achega económica de 18.000 euros para a contratación dun intérprete co obxectivo de facilitar ferramentas a este colectivo para a súa integración social, educativa e laboral.

ASORLU

A Asociación de persoas xordas de Lugo (ASORLU)naceu no ano 1975 como entidade sen ánimo de lucro, co obxectivo de defender os intereses das persoas xordas de Lugo e a súa provincia e ser un punto de encontro para a organización de actividades e eventos.

14 de xuño de 2017 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.