publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Pontevedra achega 55.000 euros a Gondomar no marco do “Plan Concellos 2017″

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, dous novos investimentos para a vila de Gondomar ao abeiro da liña 1 do “Plan Concellos 2017″. Cun importe total situado en 55.933,30 euros, o Concello da comarca de Vigo poderá desenvolver un proxecto de instalación dunha pasarela peonil na contorna do seu Mercado de Abastos, cunha achega de 46.933,30 euros e, ademais, recibirá outros 9.000 euros para a compra dun vehículo que empregará o persoal da Concellaría de Benestar Social.

Anteriormente, Gondomar xa recibira a cantidade de 41.545 euros para levar a cabo a adquisición dun vehículo para a concellaría de Vías e Obras e dunha rozadoira de brazo lateral. Á marxe da liña 1, outros 39.765,09 euros en liña 2 para distintos gastos correntes e actividades como unha aula de teatro, obradoiros de memoria, de informática de mantemento ou de informática para persoas maiores, un ciclo de cinema, o “Gondoverán 2017″, unha carreira a prol da corresponsabilidade, entre outras, e finalmente outros 211.00,61 euros en liña 3 para a contratación de 21 persoas nos distintos servizos municipais desta vila.

Grazas a esta nova achega, a vila de Gondomar xa leva aprobado o 37,1 % do total de investimento que recibe dentro do “Plan Concellos 2017″, isto é, 348.244 euros dun total de máis de 940.000 euros.

28 de xuño de 2017 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.