A Deputación de Ourense implantará o primeiro ecosistema europeo de avaliación da transparencia en tempo real

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe xunto a o presidente da Asociación Transparencia Pública, Juan Manuel Roa, a primeira plataforma tecnolóxica de “goberno aberto” de Europa, que implantará a Deputación na provincia de Ourense. Esta ferramenta permitirá coñecer en cada momento o nivel de cumprimento coas obrigas de transparencia e dereito ao acceso á información de todos os entes obrigados por lei na provincia de Ourense. Desta maneira, a Deputación de Ourense é a primeira institución pública de Europa porá en marcha esta plataforma que posibilitará tamén a participación dos cidadáns e actores sociais no proceso de avaliación continua, nun exercicio único de rendición de contas en España.

Manuel Baltar destacou a importancia de implantar esta ferramenta, que só se aplica no Estado de Nova York, “e Ourense será o segundo lugar do mundo no que os cidadáns serán os avaliadores dos índices de transparencia das entidades da provincia, unha avaliación diaria e permanente que converte novamente á nosa provincia en referente de transparencia”. O presidente do goberno provincial remarcou “o importante papel que xoga a innovación e a transparencia na xestión da institución”, sinalando que a Deputación de Ourense lidera o ranking de transparencia dos gobernos provinciais de Galicia e figura entre as primeiras de España, coa máxima de render contas aos cidadáns e, polo tanto, facer aos veciños da provincia partícipes da nosa xestión”.

Baltar subliñou que este instrumento, que medirá e avaliará a transparencia das institucións públicas da provincia, “é unha iniciativa que se enmarca na estratexia de “Provincia Intelixente”, de participación cidadá e de goberno aberto, que forma parte da estrutura orgánica desta deputación”.

Pola súa banda, Juan Manuel Roa explicou que a plataforma que implantará a Deputación de Ourense “é unha ferramenta innovadora e pioneira polos datos que analiza e polo compromiso político da institución e do seu presidente por avanzar de maneira real en materia de transparencia”, e engadiu, “o obxectivo desta ferramenta é fiscalizar e monitorizar como se atopan as institucións públicas, para xerar un cambio para avanzar cara a excelencia da transparencia”.

As fases para poñer en marcha esta ferramenta son: realizar un análise da provincia a fondo, elaborar unha estratexia e planificación, construír a ferramenta definitiva en base a eses datos, “para darlle a voz aos cidadáns e que sexan eles quen avalíen de maneira continua e real a transparencia, co fin de colocar a Ourense á cabeza da transparencia internacional”, dixo o presidente da Asociación Transparencia Pública.

A plataforma medirase a Deputación de Ourense de acordo ao ranking Dyntra, o máis esixente, con 180 indicadores, no cal a institución provincial cumpre na actualidade o 63,84 %, ocupando o sétimo posto no ranking nacional de gobernos provinciais. Ademais da Deputación de Ourense, esta ferramenta tamén medirá aos concellos da provincia de Ourense, avaliados con 96 indicadores que marca a Lei de Transparencia. “Durante este tempo, calquera cidadán poderá avaliar ao seu concello, solicitar información e propoñer novos indicadores”, explicou Roa, e engadiu que tamén se avaliarán as entidades dependentes da Deputación de Ourense “e incluso poderiamos medir ás universidades e incluso a actores sociais con relevancia na provincia”.

“A transparencia é un valor transversal na nosa sociedade, o maior elemento xerador de confianza que empeza a abranguer tamén ao ámbito privado, xa non só ten peso no ámbito público”, engadiu Juan Manuel Roa.

Dyntra e a Asociación Transparencia Pública (partner de Dyntra en España) é a única plataforma no mundo na que son os cidadáns os que avalían ás institucións de maneira participativa. “Trátase dunha organización na que calquera cidadán pode fiscalizar a transparencia dunha institución pública de maneira real e eficiente, explicou Juan Manuel Roa”.

Esta tecnoloxía desenvolvida por Dyntra conta co aval de ser a primeira plataforma global da Sociedade Civil para a Transparencia e Rendición de Contas das Institucións. É pioneira en España e está a ser utilizada para medir a transparencia no Estado de Nova York de 2.280 entidades gubernamentais. Ademais, está homologada pola Organización Internacional Open Government Partnership, formando parte do OGP Toolbox como a primeira ferramenta de ámbito mundial que consolida o concepto de auditoría social e a transparencia participativa.

15 de xuño de 2017 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.